A edil nacionalista sinala que “un equipo de dous voluntarias e a educadora familiar encargaranse de prestar un reforzo escolar durante a estación estival a uns quince nenos e nenas de primaria. Quero aproveitar para agradecer o traballo das voluntarias e animar a aquela xente que queira sumarse a colaborar con este proxecto a que o fagan, aínda están a tempo. Sen o traballo das voluntarios esta actividade non podería levarse adiante”.
Este reforzo escolar, que leva varios anos realizándose co impulso do Concello de Ribadeo, desenrolase dous días á semana. Será os martes e xoves de 10:30 a 12:00 horas durante os meses de xullo e agosto.