Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado 22 de xullo Nordés desenvolverá una nova actividade no coñecido como “Camiño dos Arrieiros”

Un sendeiro que une dende hai séculos o Porto de Bares con As Pontes. Nesta actividade participarán arredor de 55 persoas, tan soio quedaban media ducia de prazas por cubrir. As persoas inscritas serán recollidas en distintos puntos entre Viveiro e Ortigueira polo autobús disposto por Nordés, escomenzando a xornada cunha visita a un conxunto de mámoas na serra da Coriscada, para despois achegarse a O Abeiro de Mañón, lugar no que Vane Trevín, arqueóloga, impartirá unha charla sobre o Camiño para despois facer unha andaina didáctica de 9 kilómetros por parte do seu trazado. A xornada rematará en Casa Urbano cun xantar elaborado con produtos da bisbarra: Bonito de Burela, Polo de curral, ensalada da horta mañonesa e Requeixo da granxa de Porto Vello. Non dubidamos que todo, non soio a comida, será un pracer para os sentidos.

Exit mobile version