Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres, 4 de agosto, haberá teatro en Barreiros. Migallas teatro porá en escena “pan de millo: vai ser boa!”

Trátase dunha montaxe de cancións combinadas con accións dramáticas. A representación, incluída no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 12:00 horas. Colabora o Concello de Barreiros, a través da Delegación de Cultura e da Oficina de Información Xuvenil.

Exit mobile version