Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito do club de bolos Xove no campionato intermodal galego

César Cancelos López-Ginés Rodríguez Fernández-Arturo Vigo CasabellaXove 7-7-17. A pasado fin de semana celebrouse en Camós (Nigrán) o CAMPIONATO INTERMODAL GALEGO DE BOLOS. No mesmo xogáronse 10 modalidades diferentes de bolos (das 18 que están censadas en Galicia), tendo que xogar tódolos xogadores a tódalas modalidades para poder optar ao trunfo final. Os campións/campeonas de cada categoría foron os que mellor puntuación final conseguiron despois de xogar en tódalas especialidades.

O Club de Bolos Xove desprazou a este campionato 11 xogadores de categoría senior, 6 en categoría feminina, 2 en categoría xuvenil e 1 en categorías inferiores.

Os resultados acadados polo Club de Bolos Xove foron espectaculares, xa que o Club conseguiu colocar a 5 xogadores entre os 10 primeiros da categoría senior, e tamén clasificar automáticamente a 9 xogadores para o Campeonato Intermodal de España.

A nivel individual conseguíronse os seguintes resultados:

ARTURO VIGO : Subcampeon absoluto
DANIEL ALONSO: Campeón Juvenil
MIGUEL LOPEZ: Subcampeón Juvenil
JULIA LOPEZ : Subcampeona Femenina

Ademais conseguiron trofeo, por quedar entre os tres primeiros en algunha das modalidades, os seguintes xogadores e xogadoras: Javier Rodriguez, Cristian Rodriguez, Moisés Rodriguez, Ginés Rodriguez, Luis Rancaño, Francisco Gonzalez, Jordi Meitin, Arturo Vigo, Daniel Alonso, Miguel Lopez, Javier Alonso, Belen Meitín y Julia Lopez.

Podemos decir, sen ningún tipo de dúbida, que o Club de Bolos Xove foi o Club dominante neste Campionato Galego Intermodal, dado que aos premios finais obtidos por Arturo Vigo, Daniel Alonso, Miguel López e Julia López, hai que sumarlle o feito de que foi o único club que foi capaz de colocar un xogador ou xogadora no podium de cada unha das 10 modalidades existentes.

Exit mobile version