Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito dos laboratorios creativos do Eido Dourado

200717 Foto laboratorios creativos 1Teñen lugar os mércores de sete a oito da tarde ata o vindeiro 16 de agosto. Onte tivo lugar o segundo obradoiro do que os rapaces e rapazas gozaron moito. Lucía Vila, artista mariñá e profesora de educación plástica, está moi contenta co resultado desta experiencia na súa segunda edición: “xa temos todas as prazas cubertas ata o remate dos laboratorios a mediados de agosto. Estou moi contenta. É todo un éxito”.
Os nenos e nenas asistentes coñecen con esta actividade o Eido Dourado e os seus xardíns así como a obra pictórica do seu promotor. Lucía Vila explica que “queremos que exploren, investiguen e interacciones coa contorna que nos rodea”.

Exit mobile version