Site icon Crónica3.com A Mariña

Foron izadas as banderias azuis nas praias de as Illas-Os Castros e As Catedrais. O rexedor comentou que este galardón é unha garantía de calidade

010717 Foto izado Catedrais 1Ribadeo, 1 de xullo de 2017. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou este sábado que a bandeira azul é unha garantía de calidade. Así o dixo no acto de izado deste galardón na praia das Catedrais, no que tamén participou o vicepresidente de Adeac. José Palacios insistiu en que este recoñecemento é un dereito dos cidadáns.

O rexedor sinalou: “realmente, sempre teño que dicir o mesmo, para nós é un orgullo ter unha bandeira azul por moitos motivos, porque cada vez é máis complexo, cada vez Adeac esixe máis requerimentos, cada vez é máis complicado ter socorristas, cada ver require máis recursos económicos, pero é que cada vez hai máis xente, veñen máis visitantes. Polo tanto é unha responsabilidade e, como lle escoitei dicir a Palacios, é un dereito dos cidadáns que poidan ter a bandeira azul, porque é unha garantía de calidade, é unha garantía de que intentamos, ao igual ao final do ano non o conseguimos, que haxa seguridade sempre, para que a xente ademais de ver a magnífica paisaxe que temos aquí estea segura e tranquila”.

Suárez Barcia dixo: “é unha honra e o que vos pedimos a vós, eu xa fuxo de discursos paternalistas, pero non me sobra dicir que por favor cumprades o voso horario, por favor estade o tempo que vos marquen e estade ao que tedes que estar. Seguro que o ides facer. No pasado remoto houbo uns problemas, que quedan no pasado moi remoto. Nestes últimos anos só podemos falar, e polo que as miñas compañeiras me transmiten a ano tras ano, é que todo funciona razoablemente moi ben”.
Pola súa banda, o vicepresidente de Adeac, José Palacios, presente esta mañá nas Catedrais manifestou: “primero felicitar a vuestro municipio por haber tenido una vez más dos banderas azules, y si contamos la del puerto son tres. Eso está muy bien. Felicidades también al puerto deportivo de Ribadeo. Mirad, la bandera azul es tema voluntario, no cuesta nada. Hay muchos municipios que se gastan mucho dinero en tener la ISO y la Q y sin embargo la bandera azul no cuesta nada. ¿Qué ocurre? Que a cambio de ser gratis exigimos que los criterios se cumplan de una manera estricta. Y yo siempre recuerdo, sobre todo a los alcaldes que no lo tienen muy claro, que lo único que exigimos son derechos de los ciudadanos, nada más”.

Palacios añadió: “el derecho a la limpieza, el derecho a la seguridad a través del servicio de socorrismo, el derecho a que si eres discapacitado puedas acceder a la playa de alguna manera, el derecho a la información y a la educación medio ambiental. Una serie de derechos que tenemos todos y que todos deberíamos de disfrutar. Así que aquellos municipios que se empeñan en que sus ciudadanos tengan estos derechos en las playas para nosotros son municipios ejemplares y les felicitamos”.
O vicepresidente de Adeac tivo palabras de recoñecemento para os socorristas de Ribadeo: “relacionado con los discapacitados quiero felicitar a los socorristas que el otro día, de una manera ejemplar, en esta playa consiguieron que una persona mayor y que está en situación de discapacidad pudiera acceder al arenal. Eso es ejemplo de solidaridad y de un buen trabajo realizado. Por favor, no os cuesta trabajo hacerlo y dais la felicidad a mucha gente, así es que os felicito porque creo que ha sido algo muy educativo, porque en realidad se está extendiendo por toda Galicia. Enhorabuena por vuestro trabajo”.

No acto celebrado esta mañá participaron as concelleiras de Turismo e Medio Mariño, Ana Martínez e Paz Ermida, así coma representantes do Real Club Náutico de Ribadeo e veciñ@s da Devesa. Hoxe tamén foi izada a bandeira azul na praia de As Illas-Os Castros.

Exit mobile version