Site icon Crónica3.com A Mariña

Gran afluencia á XXIV edición da Festa do chicharro lañado en Foz

Foz 24-7-17. A Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego organizou o pasado sábado 22 de xullo na dársena do porto de Foz a XXIV edición da súa xa tradicional Festa da Patria.

Segundo indicou o responsábel local da organización, Francisco Fanego, “o éxito foi rotundo, cada ano superamos as vendas do anterior, pero esta edición foi especialmente boa, xa que houbo unha gran afluencia de xente desde o principio e por primeira vez vendimos todas as racións de chicharro”.

“Queremos agradecer a todos veciños do noso Concello e aos visitantes que se achegaron o sábado á Festa da Patria a compartir connosco os chicharros e o sentimento nacionalista co que nos xuntamos ese día, mais tamén cómpre pedir desculpas a todos aqueles que non puideron degustar a ración, xa que debido ao éxito desta festa preto das 21:30 h xa nos quedáramos sen existencias, vendendo preto de 600 racións”.

“Para o ano tentaremos aprovisionarnos de máis chicharros, chourizos e torrezmos para que ninguén se quede coas ganas”. Fanego afirmou tamén que “para o ano que vén esta festa celebrará a súa XXV edición e prepararémola con máis ganas e algunha sorpresiña”.

Exit mobile version