Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza este venres na Ribeira Sacra o Festival Internacional de música grazas á colaboración do Goberno da Deputación

P1040568Lugo, 27 de xullo de 2017. Mañá comeza o 17º Ribeira Sacra, o primeiro festival internacional de música que ten a Ribeira Sacra grazas ao apoio do Goberno da Deputación, que é o principal patrocinador deste evento con 20.000 euros, dentro da súa aposta polo impulso turístico da zona. Celebrarase os días 28, 29 e 30 de xullo en espazos emblemáticos de Monforte de Lemos e Sober. O municipio monfortino achega 3.000 euros e facilita lugares gratuítos de acampanada. Tamén cede os espazos da celebración das actividades, ao igual que o Concello de Sober. Colaboran o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a Xunta.

17º Ribeira Sacra combina a música de artistas nacionais e internacionais coa promoción patrimonial, natural, vitivinícola, gastronómica e económica dos establecementos da zona. Inclúe concertos no Miradoiro de Santiorxo, no Parador de Monforte, no embarcadoiro de Doade ou nas bodegas, entre outros; así como visitas guiadas, roteiros, catas de viño e degustacións de produtos autóctonos. Facilítanse espazos gratuítos de acampada na cidade do Cabe.

Programación
Venres 28 de xullo
– Ás 16:00 horas abrirase o cámping e as billeteiras
– Ás 18:00 horas no Miradoiro de Santiorxo, terá lugar o Concerto de Néstor Pardo.

Sábado 29 de xullo
– Ás 12:00 horas no embarcadoiro de Doade actuará a artista Virginia Maestro.
– Ás 12:30 horas na bodega Rectoral de Amandi celebrarase o concerto de Ángel Stanich.
– Ás 14:00 horas nas bodegas Regina Varium, terá lugar a actuación de Os amigos dos músicos.
– Ás 16:30 horas no embarcadoiro de Doade actuará a artista Virginia Maestro.
– Ás 17:00 horas na bodega Adega Algueira terá lugar o concerto do grupo The Wellgreen.
– Ás 18:00 horas na Igrexa de San Xulián de Lobios actuará a banda de jazz Sumrrá.
– Ás 19:00 horas nas bodegas Regina Viarum celebrarase o concerto do estadounidense M. Ward.
– A partir das 20:30 horas no Parador de Monforte de Lemos comezarán os concertos de Iván Ferreiro, The Magic Numbers, Novedades Carminha, entre outros.

Domingo 30 de xullo
– Ás 14:00 horas nas bodegas Regina Viarum actuará a banda galega Best Boy. Á mesma hora nas bodegas Reitoral de Gundivós, haberá un xantar co concerto de Germán Díaz.
– Ás 17:00 horas no embarcadoiro de Doade terá lugar a festa de clausura.

Máis actividades
O festival 17º Ribeira Sacra contará con visitas guiadas e roteiros, totalmente gratuítos, aos Concellos de Monforte de Lemos e Sober, e catas de viños en bodegas da zona, como as de Rectoral de Amandi, Regina Varium, Reitoral de Gundivós, e Adega Algueira. Ademais, haberá food trucks con propostas de xantar diversas como comida de autor, tradicional, sen glute ou vegana, e unha ampla programación musical, con artistas nacionais e internacionais como Iván Ferreiro, Novedades Carminha, The Magic Numbers ou Virginia Maestro, entre outros.

Exit mobile version