Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas Xeracións da provincia e de Galicia defenden que a xestión dos Gobernos do PP foi decisiva para a redución do paro xuvenil e a mellora do sistema educativo

IMG_1921[1]LUGO, 21 de xullo de 2017.- Representantes de Novas Xeracións de Galicia e da provincia puxeron en valor este venres, no marco da xornada “A Xeración das Oportunidades”, organizada pola agrupación lucense, a xestión dos Gobernos do PP para reducir o paro xuvenil, mellorar a calidade do sistema educativo e o aumento das oportunidades laborais na provincia.

Concretamente, o presidente galego de NNXX, Diego Gago, puxo de relevo algunhas das medidas impulsadas polos Executivos de Rajoy e de Feijóo e que foron decisivas para a redución do desemprego. É o caso, indicou, do anuncio do Goberno de Central, e que inclúe o investimento de 3.200 millóns de euros ata 2.023 para iniciativas destinadas á mellora e aumento da inserción laboral dos xóvenes. Xa, en clave autonómica, destacou que, “grazas ás políticas de Feijóo, hoxe a nosa Comunidade e, tamén esta provincia, mellorou os ratios do paro”, indicando que proxectos como o modelo trilingüe ou os novos catro obradoiros de emprego que se van a poñer en marcha na zona sur de Lugo para menores de 30 anos son “unha mostra do compromiso do Partido Popular cos máis novos”. Con todo, tanto o presidente de NNXX de Galicia como a súa homóloga na provincia, Roza Arza, coincidiron en sinalar que “é preciso seguir loitando para continuar mellorando o emprego e a recuperación do talento”.

A xornada, que tivo lugar no restaurante Los Robles (Lugo), tamén contou coa intervención da directora xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta, Cecilia Vázquez Suárez; do director do INJUVE (Instituto de la Juventud de España), Javier Dorado Soto; e do secretario xeral do PP provincial, Carlos Armesto. Deste xeito, tanto Vázquez Suárez como Dorado Soto e Armesto ratificaron as palabras dos dous dirixentes da organización xuvenil pois, tal e como indicou o secretario xeral, “todo o que se faga pola formación e o emprego non é un esforzo, é unha inversión”.

A este respecto, Armesto quixo agradecer aos organizadores do encontro a celebración do mesmo; unha iniciativa, dixo, que “demostra que temos base e temos canteira. Os mozos de hoxe, sodes o futuro de mañá. Sodes unha peza imprescindible para o futuro do PP e para o futuro desta provincia”.

Agrupación dinámica e activa
A xornada enmarcouse dentro da intensa actividade que impulsa a agrupación luguesa, co fin de implicar aos máis mozos nos distintos proxectos que se están a levar a cabo na provincia para aumentar e consolidar novas oportunidades laborais.

Recentemente, os integrantes de Novas Xeracións da provincia, acompañados polo secretario xeral, Carlos Armesto, asistiron tamén a unha xornada-informativa sobre os proxectos que se están a levar no aeródromo de Rozas, grazas á aposta decidida dos Gobernos Central e da Xunta para o desenvolvemento do Centro de Investigación de Aeroportada de Rozas (CIAR). Xa naquela visita, a responsable provincial anunciara que proximamente a organización levaría a cabo máis iniciativas deste tipo porque, asegura, “é importante coñecer e trasladar aos mozos coma nós que en Lugo temos futuro e oportunidades de realizarnos profesionalmente”. O encontro celebrado hoxe é, por tanto, un exemplo máis do compromiso que a organización ten cos rapaces da provincia, e da continuidade ao programa de actuacións que lidera a agrupación xuvenil.

Ao relatorio, ademais das personalidades indicadas, asistiron o presidente do PP de Lugo, Ramón Carballo, e a deputada autonómica, Encarna Amigo, entre outros cargos desta formación política.

Exit mobile version