Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo obradoiro para pícaras/os no Museo Provincial do Mar

No museo re-sopraDentro do programa de obradoiros e actividades de verán que ofertamos no Museo Provincial do Mar de San Cibrao este mércores 19 de xullo, levamos a cabo o taller No museo re-sopra. No Museo Provincial do Mar temos sorte de custodiar unha parte importante da historia da Mariña: a dos cazadores de baleas. Achegámoslla ao Club Pequeamig@s e, para logralo, investigamos entre as pezas do museo ata descubrir que especies de baleas se cazaban en San Cibrao, onde, como, por que e cando. O próximo taller para os Pequeamig@s terá lugar o mércores, 26 de xullo, de 11:30 a 13:00 h co título Vento mareiro.

Exit mobile version