Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde, Fernando Suárez, felicita ao bispado de Mondoñedo-Ferrol polas obras que leva a cabo nas capelas da Atalaia, San Miguel e Virxe do Camiño

Ribadeo, 21 de xullo de 2017. O alcalde, Fernando Suárez, felicita ao Bispado da Diócese Mondoñedo-Ferrol polas obras que está a realizar nas capelas da Atalaia, San Miguel e Virxe do Camiño. O rexedor salienta a eficacia dos requerimentos enviados ao Bispado desde a Oficina Técnica Municipal.
Para Fernando Suárez “é unha mostra máis de que algo se move e para ben, na rehabilitación de inmobles en Ribadeo, e refírome á eficacia e a efectividade que supñen estes requerimentos que se fan desde a Oficina Técnica Municipal”.
O alcalde ribadense lembrou que “hai un tempo requerímoslle ao Bispado de Mondoñedo-Ferrol que tiñan a obriga de conservar e manter o patrimonio da súa titularidade en boas condicións, referido neste caso ás capelas da Atalaia, de San Miguel e da Virxe do Camiño, posto que se atopaban en mal estado de conservación chegando a afectar nalgún caso non só a cuestións estéticas senón tamén de seguridade, polo menos nalgunha delas”.
Suárez Barcia manifestou que “desde hai uns días, e unha vez obtidas as autorizacións municipais correspondentes, o Bispado está a executar obras de conservación e mantemento nestas tres capelas, cumprindo relixiosamente coas súas obrigas como propietarios e sendo redimidos por tanto de posibles penalidades por incumprimento. Vaian logo por diante os nosos parabéns por esta actuación”.

Exit mobile version