Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG convida a toda a cidadanía a participar nos actos do día da Patria galega na Mariña.

A Mariña, 17 de xullo de 2017. O BNG na Mariña presentou os actos comarcais arredor do 25 de xullo “Día da Patria Galega” baixo o lema “Galiza a nación que compartimos”.
Coa presenza da responsábel comarcal Ana Ermida, membros de Executiva Comarcal e Galiza Nova, ademáis de cargos orgánicos e institucionais e militantes en xeral presentaron a axenda prevista para esta semana.
Citas lúdicas en Foz e Barreiros. A Parlamentaria Olalla Rodil asistirá aos actos nas dúas localidades.
Como noutros anos o BNG mantén as dúas citas históricas na comarca: a primeira o día 22 no peirao de Foz a partir das 19:00, onde se celebrará a “XXIV Festa da Patria” coa xa clásica “Chicharrada”, xogos populares e música e o domingo 23 na area recreativa da Insua, en Barreiros, a partir da 14:00 terá lugar a “XII Manifesta da Patria Galega” con xantar, actuacións musicais e intervencións políticas. Asistirá tamén Olalla Rodil, deputada no Parlamento de Galiza.
Acto en Foz sobre a enerxía e a xestión dos nosos recursos organizada por Galiza Nova
O sábado 22 ás 12:30 a formación xuvenil Galiza Nova organiza un acto nos Xardíns Conde de Fontao para falar de enerxía e da xestión dos nosos recursos, coa participación de Manuel Requeixo, alcalde do BNG en Muras e pioneiro na xestión do aproveitamento dos recursos enerxéticos en favor da veciñanza. Intervirá tamén a parlamentaria Olalla Rodil e os responsables de Galiza Nova na Mariña, Arantxa Santos e Dani Castro, así como a responsable comarcal do BNG Ana Ermida.
Todos os actos son abertos ao público.

E por último a mobilización do 25X en Compostela que partirá da Alameda ás 12 da mañá para rematar como é tradicional na Praza da Quintana. Para facilitar a asistencia favorecerase o transporte colectivo coa posta a disposición de autobuses ao prezo de 5 euros para os que se deberá reservar praza chamando ao tlf. 982140654 ou ben no enderezo electrónico amarinha@bng-gal.

Exit mobile version