Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Burela leva ó pleno municipal os problemas e inquedanzas dos veciños

Burela, 27 de Xullo de 2017. Este Xoves o BNG traslada ó pleno ordinario do concello de Burela as inquedanzas e problemáticas que padecen as veciñas e os veciños, ante un orde do día o órgano colexiado carente de contido político na súa totalidade.
Os nacionalistas rexistraron unha moción de urxencia esta mañá na que dan conta das deficiencias existentes no CEIP Virxe do Carme e solicitan que se dé unha solución por parte da Xunta de Galiza, concretamente que se repare a cuberta do edificio no que se imparten ensinanzas de primeiro e segundo de primaria. Ademáis diso tamén presentaron preguntas relativas a este asunto. “O colexio, coñecido como Os Castros, é con moito o que mais carencias presenta dos centros de ensino da vila, sendo tamén o mais antigo da vila; sen embargo semella que a Xunta non ten en conta a nosa realidade, presentando esta semana investimentos noutros dous centros educativos e non deixando un só euro para o Virxe do Carme” sinalou Mario Pillado, portavoz dos nacionalistas. “Semella que o concello está a realizar as tarefas que lle corresponden durante este Verán, pero debe xestionar de xeito oportuno perante a Xefatura Territorial de Educación para que a Xunta cumpra coas súas obrigas” continuou o nacionalista.
Noutro orde de cousas, o BNG tamén se interesou polas obras da nova Escola Infantil, que nun pleno anterior se informara que acumulaban certo retraso; por qué motivo non se informou ó veciños dos cortes de tráfico durante o transcurso de diversos eventos, aínda sendo necesarios; pola desaparición do Seminario de Jazz e da festa acuática da programación de Verán; pola sinalización da praia do Penoural e polo custe das actuacións o Venres previo á Feira do Bonito; así como unha serie de preguntas que xa estaban rexistradas por escrito acerca do polémico funcionamento da Escola de Música.

Exit mobile version