Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide ao Concello que sinalice a praia do Penoural como non apta para o baño

IMG_4604Burela, 20 de xullo de 2017. O BNG mostrouse crítico co Concello de Burela por non ter sinalizado correctamente a estas alturas do verán a praia do Penoural, pois a día de hoxe non existe ningún sinal que indique que as augas non son aptas para o baño. O portavoz municipal do BNG, Mario Pillado, sinalou que “o Penoural figura entre as 18 praias de Galiza que este ano foron eliminadas do censo oficial de zonas de baño, segundo se desprende dun informe elaborado pola Consellaría de Sanidade”. As análises realizadas na praia do Penoural nos últimos anos desaconsellaban o baño pola calidade “insuficiente” das augas, mais este ano xa perdeu a consideración de zona de baño, pola presenza reiterada de enterecocos.

Desde a formación nacionalista indican que non pretenden ser alarmistas, mais lembran ao Concello que debe sinalizar esta praia correctamente para previr aos usuarios e usuarias, e tamén aos donos das mascotas, que teñen o acceso permitido a este areal.

Exit mobile version