Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG viveirense saúda a “sinalización de Viveiro” nalgunha das saídas da A8 reclamadas, a través do Concello, desde o BNG, colectivos empresariais e entidades veciñais e anima ao Ministerio a continuar traballando na sinalización do municipio nas restantes saídas da A6 e A8 solicitadas

Foto Sinalización de Viveiro na saída 524 da A8Viveiro, 19 de xullo de 2017.- O BNG de Viveiro felicita a todos os colectivos empresariais e entidades veciñais e sindicais que promoveron a iniciativa impulsada pola organización nacionalista para reclamar a sinalización vertical de Viveiro nas saídas das autovías do Noroeste (A6) e do Cantábrico (A8), así como tamén quere trasladar esta felicitación a alcaldesa e ao concello de Viveiro por apoiar esta iniciativa colectiva, aprobando por unanimidade unha moción para instar ao Ministerio de Fomento a sinalización do municipio de Viveiro. Desde o BNG tampouco se olvidan de todas aquelas persoas que participaron na campaña de apoio á sinalización de Viveiro nas redes e que contribuíron tamén coas súas fotos a darlle a volta a esta situación de agravio e o esquecemento que está a sufrir Viveiro.
A sinalización vertical de Viveiro que Fomento ven de incluír na saída 524 da Autovía do Cantábrico A8 (dirección Vilalba / Coruña) é unha das solicitadas ao Ministerio de Fomento, a Unidade de Estradas do Estado en Lugo e á Subdelegación de Goberno na moción consensuada con todos os colectivos e aprobada polo concello e, aínda que sí é certo que faltan en 5 das saídas reclamadas, o Bng espera que Fomento continúe coa sinalización de Viveiro e remate nun curto prazo de tempo estes traballos que están seguras, desde a organización nacionalista, vai facilitar a orientación das condutoras e condutores e vai conseguir que esa falta de sinalización deixe de provocar confusión nos viaxeiros e viaxeiras á hora de buscar a ruta máis accesible cara a Viveiro.
Desde o BNG de Viveiro queren aproveitar para animar as súas veciñas e veciños a unirse e a sumar forzas para saír do aillamento no que nos mantén o goberno de Feijoo e reclamarlle a execución das obras, tantas veces prometidas e desde hai tantos anos, da VAC ao seu paso por Viveiro para a súa conexión coa rede de estradas de altas prestacións e de infraestruturas viarias de conexión exterior que precisa imperiosamente o noso concello para non continuar perdendo peso económico e poboacional e ter a oportunidade de futuro que unha vila como Viveiro e a súa veciñanza se merecen, e pon como exemplo de acción colectiva esta iniciativa sobre a sinalización da vila viveirense.

Exit mobile version