Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo celebra a semana da seguridade dentro da programación dos “enredos de verán”

100717 Semana Seguridade EnredosCervo, 10 de xullo de 2017. O Concello de Cervo, a través das delegacións de Educación, Deportes e Seguridade Cidadá, adica esta semana á seguridade, dentro da programación dos Enredos de Verán.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e os edís de Educación, Dolores García Caramés, e de Deportes e Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, desprazáronse ata San Ciprián, onde os nenos estaban a recibir unha clase práctica de Primeiros Auxilios e puideron acceder ao camión de protección civil e ver o seu funcionamento.

Máis de 50 pequenos participaron na actividade, que se dividiu en dúas quendas, unha primeira para nenos de entre 3 e 5 anos; e a segunda para os de 6 a 9 anos.

A Semana da Seguridade continuará mañá martes cando se instalará na Praza dos Campos un circuíto de Seguridade Vial Edu Kart, que permancerá nesa ubicación tamén na xornada do mércores, co fin de que “os pequenos tomen conciencia e adquiran os hábitos adecuados relacionados coa seguridade viaria e que participen do tránsito dun xeito activo e máis responsable”.

En total máis de 100 nenos participan nos Enredos de Verán que organiza o Concello de Cervo para os meses de xullo e agosto, dirixidos a rapaces de entre 3 e 12 anos e que tal e como sinalou Villares “son actividades coas que pretendemos animar e facer máis atractivo o verán aos nenos, ao tempo que brindamos unha ferramenta de conciliación ás familias, favorecendo tamén a socialización dos máis novos”.

Exit mobile version