Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo pon en valor espazos públicos no Burgo de Viladesuso

240717 obras ViladesusoCervo, 24 de xullo de 2017.- O Concello de Cervo está a acometer estes días traballos de mellora e acondicionamento de diferentes espazos públicos do Burgo de Viladesuso.

En concreto as actuacións estanse a levar a cabo na zona que vai dende a fonte ata o lavadoiro público desta aldea.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Obras, Plácido Pérez, supervisaron a actuación acompañados de varios veciños da zona. Uns traballos que, tal e como sinalou o rexedor, “consideramos moi importantes porque con eles poñemos en valor uns espazos que teñen un incalculable valor patrimonial, porque, aínda que a día de hoxe non teñen o uso de outrora, recordamos que eran lugares de encontro empregados a diario pola veciñanza; e lle outorgan esa singularidade ás nosas aldeas”.

A filosofía do Goberno de Cervo, -engadiu- “vai nese camiño e de feito vimos realizando actuacións periódicas nestas zonas para mellorar en certa maneira estes espazos tan importantes nos nosos burgos e para os nosos veciños”.

A actuación supón unha inversión de 12.000 euros procedentes de fondos municipais.

Exit mobile version