Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo vén de acometer traballos de mantemento nas instalacións deportivas da Veiga

260717 mantemento instalacións deportivasCervo, 26 de xullo de 2017.- O Concello de Cervo vén de acometer traballos de mantemento nas instalacións deportivas do complexo da Veiga.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, estiveron supervisando os traballos que supuxeron unha inversión que ronda os 4000 euros procedentes de fondos municipais.

En concreto, fixéronse as actuacións correspondentes de mantemento no campo de fútbol de herba sintética e nas pistas de pádel “traballos que consideramos necesarios para conservar as nosas instalacións públicas en perfecto estado para uso e disfrute dos nosos veciños”.

Villares recordou que a instalación de herba sintética foi unha importante aposta deste Goberno vai dous anos, financiada integramente con fondos municipais, e que supuxo unha inversión de case 400.000 euros, e o paso do tempo nos di que foi un acerto “porque ten moitísima actividade diaria, sobre todo durante a temporada, con máis de 200 usuarios que empregan as instalacións, sobre todo as categorías inferiores dos equipos do noso Concello”.

Ademais, -engadiu o rexedor- “para nós é unha satisfacción escoitar sempre boas palabras sobre as nosas instalacións por parte dos xogadores e técnicos que nos visitan e queremos conservar e manter a súa calidade; para elo vimos de realizar eses traballos que garanten a súa durabilidade”.

Exit mobile version