Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz aumenta un día máis á semana a recollida dos colectores amarelos, que foron lavados ao igual que os verdes

050717 LIMPEZA DE COLECTORES FOZFoz, 5 de xullo de 2017. A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Foz leva a cabo unha serie de melloras nos servizos medioambientais do municipio para este verán. Destaca o reforzo da recollida dos colectores amarelos, incrementando este servizo un día máis á semana.

A concelleira de Medio Ambiente en Foz, Mayte López Rego, anunciou que “cara ao verán fixéronse unha serie de accións para mellorar a recollida do lixo do colector amarelo a maiores de facer unha limpeza xeral en todos os colectores do concello tanto os verdes como o amarelos. Reforzarse a recollida aumentando un día máis para que non se acumulen tantos residuos nos contedores amarelos e teñamos esa mala imaxe de ver o lixo tirado ao lado dos colectores”.

Mayte López Rego engadiu que “ademais cambiáronse as tapas dalgúns contedores porque habíaos dunha sola boca e nalgunhas ocasións hai bolsas sobre a tapa sen estar cheos; por iso substituíronse as tapas dunha soa boca por outras con dúas bocas, o cal mellorará a eficiencia no uso dos colectores porque se hai una bolsa que bloquea unha boca a outra pode usarse”.

A edil de Medio Ambiente destacou tamén que “foron lavados os colectores amarelos e tamén todos os colectores verdes do concello”.

Mayte López subliña que “é unha acción que leva a cabo a empresa prestataria do servizo, Soil Recovery, e que estamos facendo dende a Concellería de Medio Ambiente todos os veráns. Quizais este ano nos botamos un pouco encima do mes de xullo por dispoñibilidade da empresa, que tiña a máquina noutro concello e non nos podía atender antes, polo que tivemos que esperar un pouco máis para facer esta limpeza dos colectores”.

A concelleira de Medio Ambiente espera que “non haxa ningunha incidencia, que todo transcorra con normalidade e que o lixo non empañe este verán que estamos comezando”.

Mayte López Rego salientou tamén que “a medida que aumentou a cantidade de material reciclado por veciño, diminuíu a porcentaxe de material reciclado incorrectamente ata valores por baixo da media galega. Asemade a cantidade de contedores amarelos a disposición dos veciños aumentou ata os 243 que hai na actualidade”.

A edil rematou agradecendo “a implicación dos veciños na reciclaxe e na conservación do medio ambiente”.

Exit mobile version