Os populares indican que “logo de analizada a documentación que nos remitiu o propio alcalde sobre xustificación e abono da factura do mes de abril, que ascende a cáseque 50.000’00€, comprobamos que se incumplen fundamentalmente tres cuestións. Por un lado, a factura non se presenta como certificación de servicio, é decir, detallando os traballos feitos, como determina o propio pliego, senon que se presenta como un concepto global. Por outro, nótase en falta o que no pliego se denomina ‘informe mensual do servicio’, que debe elaborar a empresa e adxuntar á factura. E por último non existe na documentación que se nos entregou o informe que deben elaborar os servicios municipáis sobre o cumplimento axeitado do servicio referidos ós ‘índices de calidade global’. Este último asunto tén tanta importancia que no propio pliego de prescripcións técnicas se indica que ‘la calificación obtenida servirá para realizar la correspondiente certificación de calidad, cuya obtención será requisito previo para la facturación mensual’ (páx.18 PPT).”
O GMP asegura que “o alcalde, a pesares dos incumplimentos indicados, ordenou o pago da factura, o que é especialmente grave tendo en conta o especial interés do propio alcalde neste asunto. Polo tanto, se esto non se corrixe e non se adecúan ós pliegos a emisión, informe e abono das facturas, o GMP verase obrigado a adoptar as medidas que consideremos oportunas”.
FIN DE SEMANA CON LIXO NAS RÚAS.
O GMP afirmou tamén que “neste fin de semana houbo moitas queixas cidadáns pola recollida de lixo”. Así, “nas rúas do Río e Manuel Murguía o espectáculo era francamente lamentable o sábado, como se demostra nas fotos que adxuntamos, con lixo sen recoller e por fóra dos contenedores. Como o edil Fernández Rey non asistiu o sábado ó izado das bandeiras azuis, ainda sendo responsable de Turismo, entendimos que estaría resolvendo os problemas do lixo, como responsable de Servicios, pero tristemente e mui ó noso pesar constatamos que non, que se debeu adicar ós seus asuntos, en vez de preocuparse polos asuntos de todos. Francamente, un nivel mui baixo como edil de Turismo e de Servicios”.