Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP de Burela afirma que “os membros do goberno local son tan vagos que nin asisten ó izado das bandeiras azuis”

Burela, a 9 de xullo de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela afirmou hoxe que “á vista dos membros do goberno local que asistiron onte ó izado das bandeiras azuis, estamos ante un grupo de vagos que, por non facer, nin asisten a un acto coma éste, no que, desde 1995, os distintos gobernos locais tiveron unha forte implicación, como lle corresponde a quen está gobernando”.

Os edís populares aseguraron que “exceptuando o persoal municipal, o número total de persoas que asistiron ós izados das bandeiras foi de cinco, incluidos o alcalde e a concelleira de Medio Ambiente, o que demostra que o nivel de compromiso desta xente con Burela é ínfimo, e o desprecio ó traballo feito en anos anteriores e ó que significan as bandeiras azuis para Burela é absoluto”.

Desde o GMP consideran que “Fernández Rey, edil de Turismo, si xa tiña pouca credibilidade, agora non tén ningunha. Porque o feito de non asitir a este acto significa que non tén nin idea do traballo que supón chegar a acadar as bandeiras azuis”.

Os populares lamentan que “outros dous concelleiros ‘estrela’, a do Mar, e o de Cultura, que cobran cada un 14.000’00€/ano dos cartos de todos os cidadáns, non estiveran presentes. Probablemente este asunto das bandeiras azuis non sexa relevante para eles, supoñemos máis preocupados noutros menesteres que revertirán en máis benestar para os veciños de Burela”.

O GMP finaliza indicando que “o propio alcalde demostrou durante o acto en Ril que non tiña nin idea de qué concelleiros ían asistir. E cando un alcalde non controla estes asuntos, mal lle vai ó goberno local e mal lle vai a Burela. Nunca o nivel de compromiso representativo do goberno local chegara tan baixo”.

Exit mobile version