Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP de Burela: “o proceso de sección de administrativo para intervención pode nacer viciado”

Burela, a 24 de xullo de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela advertiu hoxe de que “a persoa que está traballando no departamento de Intervención e Tesourería está admitida como aspirante no proceso de selección para cubrir un posto de traballo de administrativo de intervención no Concello de Burela con carácter de funcionario interino, proceso que comenza este mesmo mércores día 26. O feito de que esta persoa esteña nestes momentos traballando no concello no posto para o que se abre o proceso de selección, nunha situación de presunto fraude de lei, pode acarrear que o propio proceso comence viciado por non respectarse a igualdade de oportunidades”.
Os populares consideran que “de ser así, esta persoa arrancaría o procedemento con certa vantaxe, porque o suposto práctico da fase de oposición versará sobre un tema vencellado co traballo que está realizando en Intervención e Tesourería. Polo tanto, queremos supoñer que o propio tribunal velará porque non haxa ningún tipo de discriminación entre os cáseque cincuenta aspirantes, dado que todo mundo tén dereito a acceder a un posto de traballo público respectando o marco legal vixente”.
Desde o GMP consideran que “o propio alcalde e tamén a concelleira de Economía deberían ter sumo cuidado neste proceso de selección. De confirmarse que estamos ante unha situación de contratación laboral en fraude de lei desta persoa por parte dunha empresa para prestarlle servicios ó concello nun campo no que resulta que tal persoa vai optar a un posto de traballo público no propio concello, os calificativos póñense por si solos”.

Exit mobile version