Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP de Burela pide explicacións sobre “unha persoa que supostamente traballa na Casa Consistorial sen contrato co concello”

Burela, a 22 de xullo de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela denunciou hoxe que “nas dependencias de Intervención e Tesourería da Casa Consistorial, e xunto ó Interventor e á Tesoureira, supoñemos que está traballando unha persoa que, segundo a documentación que se nos entrega por parte do propio alcalde, non tén ningún tipo de contrato co Concello. Consideramos que esta situación, que se vén prolongando dende hai dous ou tres meses cando menos é alegal, xa que esta persoa podería ter acceso a datos con acceso e uso regulados pola Lei de Protección de Datos”.
Os edís populares rexistraron unha petición de documentación ó respecto o pasado 29 de xuño, na que se solicitaba “expediente de contratación laboral ou de outro tipo” da indicada persoa, xa que puidera ser o caso que estivera facendo prácticas a través de convenio con algún centro educativo ou similar. E indican que “no escrito de resposta, asinado polo propio alcalde, só se nos adxunta unha factura emitida por unha empresa en concepto de ‘asistencia técnica a intervención’, na que non se detallan máis conceptos nin período de tempo polo que se presta tal asistencia, cun importe de 544’50€, empresa que resulta ser a mesma que elabora a actualización do inventario de bens municipáis e que, por certo, non tén entre os seus fins e actividade, segundo a súa propia web, a asistencia técnica ás intervencións municipáis”.
Posteriormente, o GMP presenta “o día dez do presente mes de xullo un novo escrito solicitando copia ‘do contrato administrativo de servicio de asistencia técnica á intervención asinado con P. I. Y M., S.L. (empresa emisora da factura anterior), así como contrato laboral da persoa coa empresa indicada, TC2, así como documentación acreditativa de asignación da indicada persoa ó contrato de referencia’.
Para os concelleiros populares, “a resposta do alcalde, por escrito, non deixa de ser sorprendente, xa que nos denega a información porque é un contrato ‘non suxeito a formalización’. Pero resulta que tampouco hai ningunha mención ó mesmo no portal de transparencia na sede electrónica do concello, o que nos leva a pensar que estamos ante unha nova e inmensa irresponsabilidade do alcalde. Se realmente existe un contrato de asesoría técnica á intervención, ainda que non esteña suxeito a formalización, e a persoa que aparenta estar traballando nesa área é dependente de tal contrato, a transparencia tén que ser absoluta para que non se vexan afectados o acceso e o uso dos datos dos cidadáns: tén que existir o contrato, por mui menor que sexa, que defina os traballos a realizar a través da asesoría; tén que existir un contrato de traballo da persoa de refencia, no que queden claros cáles son os seus cometidos, e tén que nomearse de forma efectiva e mediante decreto de alcaldía o/a funcionario/a ou funcionarios que velarán polo cumplimento da normativa legal vixente”.
Con todo, este mesmo luns o GMP volverá a presentar un novo escrito no concello solicitando de novo a documentación que entendemos debe figurar no concello, agardando que na resposta se acredite que o que se está a facer cumple coa legalidade. De entrada, é a vista da documentación que o propio alcalde nos remite, consideramos que o alcalde debería prohibirlle á persoa de refencia o acceso a tales dependencias, para preservar o cumplimento estricto da lei e da normativa vixente: os datos que se manexan en Intervención e Tesourería só poden ser usados por persoal funcionario”.
Os populares afirman que “o alcalde e os seus concelleiros pensan que o concello é da súa propiedade, porque polo que vemos entra a traballar calquera, calquera tén chaves,…, en fin, unha desfeita. De momento, a situación que vimos de relatar podería considerarse como un fraude de lei”.
Finalmente, desde o GMP queren deixar claro que “non temos absolutamente nada en contra da persoa que parece estar traballando nese departamento, nin coa empresa emisora da factura, que sabemos que tén feito traballos noutros concellos con solvencia. O único que nos move é velar polos intereses dos cidadáns deste concello e preservar o cumplimento da legalidade. Polo tanto, agardamos que o que se está a facer cumple coa legalidade; de non ser así, o GMP plantexarase outro tipo de actuacións”.

Exit mobile version