Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP de Burela quere saber “qué persoas sen relación laboral co concello están usando chaves do mesmo”.

Burela, a 7 de xullo de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela manifestou hoxe que “no vindeiro pleno preguntaremos se persoa ou persoas sen ningunha relación contractual ou laboral co concello están usando chaves da Casa Consistorial e outras dependencias municipáis e quénes son, dado que, nunha reunión a última hora da tarde convocada por ACIA-Burela e a celebrar no concello sobre aspectos da Festa Castrexa, todo apunta a que o presidente deste colectivo puido usar persoalmente a chave para abrir e pechar a porta da esquerda da Casa do Concello, a que se coñece como ‘porta pequena’, sen a presencia de ningún membro do grupo de goberno ou persoal municipal, ante varios representantes de colectivos, usando como local de reunión o salón de plenos. A culpa en todo caso non sería do presidente de ACIA senón de quen lle facilitase as chaves e permitise que eso acontecerá”.

Os populares aseguran que “ésta non sería a primeira vez que acontece algo similar, alomenos que se coñeza, xa que o concelleiro de Cultura chegou a afirmar nun pleno que él mesmo lles tiña deixado unhas chaves a un grupo de rapaces para que foran estudiar á Casa da Xuventude, demostrando un grao de irresponsabilidade sin límite”.

O GMP afirma que “de ser esto certo, sería mui grave, porque demostraría que non hai ningún control de acceso ás instalacións municipáis, especialmente á Casa do Concello, co que eso representa de poder acceder ós documentos existentes nas mesas de traballo dos empregados públicos. E demostra tamén que o alcalde e os seus concelleiros consideran que o concello é da súa propiedade e que poden facer o que lles pete, porque estarían cometendo unha ilegalidade se facilitaran chaves a persoas alleas ó concello”.

Os populares manifestan que “o único responsable deste desaguisado é o alcalde, porque el é quen tén que saber quén tén as chaves do concello, dado que unicamente poden ter chave do concello persoas con relación laboral e/ou contractual co concello. Por eso, o alcalde deberá dar explicacións con carácter inmediato sobre este asunto, porque se esto efectivamente aconteceu ontes, non hai que ser mui listos para imaxinar que puido acontecer máis veces e pode seguir acontecendo. E xa lle pedimos que non escurra o bulto e non sexa frívolo, que non nos veña que non sabía nada do conto, cousa habitual nel, porque eso demostraría efectivamente que alguien controlaría máis e millor o concello, e ese alguien non sería precisamente o alcalde; nin tampouco que nos diga que se fai para facilitar a celebración das reunións: hai outras fórmulas para eso. Visto o visto, non nos sorprendería que o alcalde estivera efectivamente condicionado á hora de tomar decisións, non nos sorprendería que o alcalde chegase a ser un monigote para a práctica do pim-pam-pum”.

Exit mobile version