
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, asistirón ao III Desafío Ribeira desta localidade. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita deportiva, pois decidiu realizar unha achega de 3.000 euros ao Club Ciclista Ribeira do Miño para a organización do Desafío, promovendo o deporte lucense e dando a coñecer diferentes zonas da Montaña. Tamén colaboran os Concellos de Ribeira de Piquín e A Pontenova, polos que discorre a proba.