Site icon Crónica3.com A Mariña

O III Torneo de tenis Concello de Burela – Memorial Jose Luis Yebra alcanza a súa segunda semana e final..

Burela 24-7-17. Cúmprese hoxe a primeira semana de competición no Terceiro Torneo de Tenis Concello de Burela. Xa concluiron os Oitavos en Categoría Absoluta e consolación, a Final Feminina e a Fase previa en Dobres.
A Final Feminina adiantouse por motivos persoais dunha das participantes e a Campioa foi Paula, igual que en 2016, ao derrotar a Rosalía por un dobre 6-4.
En Categoría Individual Masculina os catro enfrontamentos de Cuartos que se celebrarán entre o luns e martes son: Alvaro Jr.-Diaz, Tomas-Arturo, Ivan-Pablo e Veiga-Rodrigo.
En Dobres a parella Borja-Rubén conseguiu clasificarse primeira de Grupo e xogará a semifinal con Yañez-Rodrigo mentres que as dúas parellas favoritas Alvaro-Alvaro Jr e Pablo-Veiga xogarán a outra semifinal. ambas previstas para o mércores.
Tamén está en cuartos a consolación que se disputa cos eliminados até oitavos.
O Torneo que é o Terceiro Memorial Jose Luís Yebra, organizado polo Club de Tenis-Padel A Marosa coa Colaboración do Concello de Burela finalizará o próximo fin de semana coa celebración das Finais de Dobres o sábado 29 e a e a Individual o domingo 30 e a entrega de Trofeos.

Exit mobile version