Site icon Crónica3.com A Mariña

“O mar afógase” en Burela

220717 Foto actividade GaiaAs monitoras do centro Gaia pertencentes á Delegación de Medio Ambiente levaron na mañá do pasado venres unha actividade titulada O mar afógase na zona do Perdouro. Dividiuse en dúas partes prácticas, “por unha banda, unha de investigación e observación que consistiu no estudo das propiedades da auga en canto a temperatura, turbidez, salinidade, ph… tomando mostras da auga do mar e anotando nunha ficha os datos obtidos en canto a cor, temperatura, materia orgánica, etc. E a segunda parte tivo que ver coa limpeza da mesma zona analizando a procedencia do lixo (accidentes de navegación, verteduras industriais, verteduras sólidas, limpeza de barcos, etc)”, segundo explican as monitoras de Gaia.
Noelia M.ª Ben, a concelleira de Medio Ambiente subliña que “con esta actividade preténdese fomentar nos participantes unha conciencia ambiental respectuosa co medio natural”.

Exit mobile version