Site icon Crónica3.com A Mariña

O pasado 5 de xullo, o Concello de Viveiro remitiu ás entidades bancarias os recibos correspondentes ao IBI Urbana 2017 das persoas que tiñan domiciliado este pago

Por un problema da aplicación informática, produciuse unha incidencia na xeración do fichero de cobros (Cuaderno Q19), aplicando a unha gran cantidade de recibos o 100% do importe cando debería ter aplicado o 50%. Ante esta situación, o Concello, estudadas todas as posibilidades de subsanación do devandito erro, propón a aqueles afectados que desexen realizar o pago de dito imposto en dous periodos que realicen a devolución deste cargo na súa entidade bancaria sen cargo algún; deste xeito, o Concello procederá a cargar o primeiro recibo, polo importe do 50%, o 5 de agosto e remitirá o 50% restante o 5 de outubro. Dende o Concello quere pedirse disculpas por esta incidencia, sendo conscientes das molestias e inconvientes causados e agradecendo a súa comprensión.

Exit mobile version