Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro lamenta a decisión unilateral do equipo de goberno socialista de abandoar o plan de vixiancia e control contra a vespa velutina.

En Viveiro a 21 de xullo de 2017. Dende o PP de Viveiro, tal e como nos temíamos, a decisión unilateral do equipo de goberno socialista presidido pola Sra. Loureiro de abandoar o plan de vixiancia e control contra a vespa velutina, está a provocar máis perxuízos que beneficios ós veciños de Viveiro.

Unha vez máis demostran con esta decisión unilateral , única entre os concellos da comarca e contraria ós acordos ós que se chegou na Federación Galega de Municipios, que lles preocupa pouco non atender as necesidades da veciñanza e dos profesionais da apicultura no peor momento posible cando as vespas velutinas multiplican a súa presencia.

No seu día o Concello de Viveiro – ó igual que outros moitos – adheriuse voluntariamente ó convenio de colaboración asinado coa FEGAMP, comprometéndose á retirada dos niños e a participar directamente no operativo a través dos seus propios medios, polo que non é de recibo que agore alegue que esta función non é da súa competencia, cando a asumiu dun xeito voluntario.

A Xunta de Galicia colaborou orgnizando as oportunas xornadas de formación, así como o subministro de material axeitado ás funcións a desenvolver e así o seguirá a facer ma medida das súas posibilidades atendendo os avisos que se produzan, priorizando en función do risco que impliquen.
O único que ten conseguido o goberno local con esta decisión e crear incerteza, provocar descoordinación e deixar de asumir as súas responsabilidades cos veciños de Viveiro como administración máis cercana.

Dende o PP de Viveiro lamentamos unha vez máis que o enfrontamento partidista perpetuo e improductivo que amosa o Concello hacia a Xunta de Galicia so leve consigo un grave perxuicio para os veciños de Viveiro que se sinten ameazados pola presencia das vespas velutinas.

Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro

Exit mobile version