Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro lamenta que unha vez maís a sra alcaldesa pase de solicitar os obradoiros de emprego

Viveiro a 26 de xullo de 2017. O PP de Viveiro non deixa de sorprenderse ante o pasotismo que demostra a Sra. Loureiro o non ter solicitado para este ano 2017 os obradoiros de emprego, demostrando asi a nula importancia que lle concede a creación de emprego no noso termo municipal.

Cando a inmensa maioría de concellos de a Mariña, un total de dez, si se preocupan polos desempregados e os solicitan, posto que non hai mellor política social que a xeración de emprego, Viveiro unha vez máis perde unha magnífica oportunidade para tratar de paliar ese casi un millar de parados – 994 – que figuran nas listas do noso Concello a xuño de 2017. Uns cursos onde ós desempregados se lles dará formación, un contrato de traballo e un certificado de profesionalidade válido para todo o territorio español, na procura da busqueda dunha mellor inserción laboral.

Esta lamentable forma de actuar por parte da nosa rexidora xa non é nova, posto que no 2015 xa non os solicitaran e no 2016, a pesares de telos solicitado, cando se lles requeriu para completar a documentación non o fixeron, motivo polo que non se lles adxudicaron o estar incompletos os expedientes, co que queda patente unha vez máis a deixadez e falta de xestión da Sra. Loureiro, quen ademáis intenta engañar os veciños de Viveiro facendolles crer que é victima do pouco caso que lle fan dende a Xunta cando a realidade e ben distinta tal e como se pode comprobar.

Outra mostra máis do pouco que lles preocupa a posta en práctica de medidas que favorezan o emprego foi o rechazo a unha moción presentada polo noso grupo, alá polo mes de setembro de 2016, para a creación dun vivero de empresas en parte do antiguo centro comarcal, edificio que será adicado a partires do 2018 a Casa da Cultura. Hai quen si lle da importancia a estas iniciativas e así o Concello de Mondoñedo creou o seu vivero de empresas que pasa a ser un referente na comarca, tal e como pretendía o noso grupo que acontecese co de Viveiro.

Dende o PP de Viveiro seguiremoslle reclamando por activa e por pasiva á Sra. alcaldesa que xestione axeitadamente o noso Concello e que non deixe escapar oportunidades como consecuencia da súa escasa xestión e poucas gañas de traballar, tal e como acontece neste caso por non ter nin tan siquiera cursada a oportuna solicitude dos obradoiros de emprego.

Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro do PP de Viveiro

Exit mobile version