Site icon Crónica3.com A Mariña

O Praias de Barreiros arranca motores para a primeira tempada da “liga autonómica preferente masculina”

DSC03219Barreiros 24-7-17. Logo dun inicio irregular da segunda tempada en Autonómica, na que o equipo rematou a primeira volta nos postos baixos da táboa, a segunda volta foi todo o contrario, soamente unha derrota e dous empates, o resto foron todo resultados positivos, rematamos nun 6º posto na clasificación xeral que reflexa o cambio radical do equipo e a escalada de postos da segunda volta.

Todo este esforzo, axudou a configurar o equipo dende a base, confirmada a continuidade da directiva e renovación de todo o cadro técnico:

Juan Antonio Fernández, continuara como adestrador, e encargarse dos mandos da nave Barreirense, no que o acompañaran coma tempada pasada, Modesto Veiga como 2º adestrar; Guillermo González, como delegado; e Oliver González nas funcións de Utillero.

E nesta parcela do equipo, chega a primeira novidade, o mítico e veterano porteiro Elías Púente Garcia, pasa a formar parte do cadro técnico poñendo a disposición do club todo o seu saber facer para seguir sumando experiencia e todo o que esta persoa leva aportado o club (Sacrificio, Compromiso, Compañeirismo, e un largo etc). Estamos seguros de que non defraudara a ninguén e aportara de forma positiva o equipo.

apostamos por un arranque positivo da nova Liga, que por primeiro ano na nosa Comunidade Autónoma, a liga Autonómica e Provincial de Fútbol Sala van depender da Federación Galega de Fútbol, unificando deste xeito todo o Fútbol Galego.

Nos vindeiros días, manterémosvos informados das baixas, renovacións e novas fichaxes con algunha que outra sorpresa para que toda a bancada se manteña informada e poidamos seguir contando con esa “afición de Primeira” que ten o Praias de Barreiros.

Exit mobile version