Site icon Crónica3.com A Mariña

O prazo de inscrición na segunda carreira Burela bonita péchase ás doce da noite deste mércores. Ata o momento son 150 persoas as anotadas para participar na proba

Cartel Carreira Burela BonitaBurela, 19 de xullo de 2017. Na segunda edición da carreira Burela Bonita, que organiza o Concello, hai inscritas 150 persoas. O prazo para anotarse remata ás doce desta noite. O edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, convida a presenciar esta proba.
O concelleiro burelés lembrou que “o sábado, día 22, imos celebrar aquí a carreira Burela Bonita na súa segunda edición. A día de hoxe contamos xa con 150 inscritos, e a carreira vai empezar a partir das dez e media da noite”.
Sobre as incidencias que a proba terá no tráfico rodado Ramiro Fernández dixo que “a partir das dez da noite vanse cortar unha serie de rúas para a celebración desta carreira. Pedimos a comprensión e a colaboración de todos os veciños e veciñas de Burela para que se celebre sen ningún tipo de risco. As rúas máis afectadas van ser Pardo Bazán no treito que pasa por diante da Casa da Cultura, un tramo da rúa Castelao e sobre todo a avenida da Mariña, que é por onde vai ter lugar o corte máis importante nesta carreira”.
E engadiu que “con respecto ao ano pasado imos facer moitos menos cortes de tráfico, xa que imos aproveitar a zona portuaria para facer a maior parte do recorrido, pero pedimos a colaboración dos veciños e a comprensión para que a proba Burela Bonita se poida celebrar coa máxima seguridade posible”.
Ramiro Fernández Rey convida “a presenciar esta carreira, que resultará moi vistosa durante a noite do vindeiro sábado, 22 de xullo”.

Exit mobile version