Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz presenta dúas mocións, para mellorar en accesibilidade e seguridade, no pleno deste xoves

Foz 26-07-2017 As dúas mocións que presenta o PSOE de Foz van no sentido de mellorar en accesibilidade e seguridade zonas do concello con ampla afluencia de veciños e visitantes nestas datas.
Na primeira delas solicitase que se substitúan as escaleiras existentes no chamado Prado de Ramos por unha rampa, ou se constrúa unha ao lado, para facilitar o acceso á baixada á emblemática praia da Rapadoira as persoas con mobilidade reducida, familias con carritos de bebes etc e que se pinten pasos de peóns nos puntos onde o paseo da Rapadoira se une coa estrada para que se poida cruzar con seguridade nesta zona de gran afluencia de veciños e visitantes na temporada estival.
A segunda delas é para solicitar que se dote ao acceso á praia de Xuncos na parroquia de Cangas dunha barandilla para que os usuarios da mesma poida subir e baixar con seguridade.
“Son actuacións, que non requiren unha gran inversión económica, – comenta a concelleira do PSOE Vanina Cabrera- que poderían beneficiar moitas persoas, que melloran a accesibilidade e a seguridade dos nosos veciños e visitantes e a imaxe do noso pobo de Foz, polo que agardo o apoio dos outros grupos da corporación para que saian adiante”

Exit mobile version