Site icon Crónica3.com A Mariña

O PsdeG-PSOE de Mondoñedo denuncia o abandono do castro de Zoñán polo goberno de Candia

castro de zoñán -mondoñedo 3Mondoñedo, 10 de xullo de 2017. Os socialistas de Mondoñedo critican o abandono que sufre o Castro de Zoñán. Lembran que este Castro é un clásico dentro da arqueoloxía galega, xa que foi o primeiro en ser escavado no ano 1967, despois retomáronse a as súas escavacións no 2002.

Explican que “no Castro de Zoñán non hai excavacións dende o ano 2011, polos recortes de Feijoo, e onde despois dez anos de intervencións paralizáronse polo Partido Popular“.

“Non entendemos como a Xunta pode anunciar un investimento para outro Castro da localidade, cando ten un catalogado e completamente esquecido”, advertiu Esperanza González.

González sinala que o Goberno de Elena Candia “en pleno mes de xullo esquecese do rico patrimonio arqueolóxico que conta a cidade. Calquera visitante que quixera hoxe acercarse ata o Castro de Zoñán non podería facelo polo abandono que sofre o entorno, e pola maleza existente”.

A voceira socialista critica que administración autonómica se adique a investir nun Castro da cidade, desatendendo a outro. “Non entendemos como non se sigue intervindo no Castro de Zoñán, e se adican recursos públicos a delimitar outro Castro na cidade sen ningún tipo de criterio”, resumiu.

Por último remarca que “a mala xestión do Goberno de Elena Candia priva a moitos visitantes de coñecer o potencial turístico de Mondoñedo, ou incluso levar unha mala imaxe na cidade”.

Exit mobile version