Site icon Crónica3.com A Mariña

O PsdeG-PSOE de Mondoñedo denuncia “o sectarismo de Elena Candia na homenaxe aos voluntarios do mercado medieval”

Mondoñedo, 17 de xullo de 2017. Os socialistas de Mondoñedo denuncian o “sectarismo de Elena Candia na homenaxe aos voluntarios do Mercado Medieval”. Sinalan que o pasado venres, na praza da Catedral, o equipo de Goberno organizou unha “suposta homenaxe aos voluntarios do Mercado que consistiu no descubrimento dunha placa”.

“Os socialistas facéndonos eco do profundo malestar xerado entre voluntarios que non foron invitados a este acto, e tamén dos propios fundadores deste evento, manifestamos a pouca gratitude e consideración do Goberno de Candia, cara aos verdadeiros protagonistas deste Mercado”.

Esperanza González sinala ademais que nin sequera houbo un recoñecemento para eles na placa que se colocou, xa que só fala dos voluntarios, esquecéndose destas persoas que foron, e seguen sendo fundamentais, para que este Mercado chegue a celebrar como a día de hoxe a súa 26 edición.

A voceira socialista remarca que “xa sabemos que Elena Candia practica o sectarismo político dentro do seu partido, pero outro cousa moi distinta é facela como Alcaldesa, cos veciños de Mondoñedo”. González explica que foi avisada para este acto cun simple wasap o mesmo venres día 14, ás 11 da mañá, é dicir 9 horas antes.

Dende o Grupo Socialista entendemos que tanto os fundadores, voluntarios, colaboradores, veciños, comerciantes, e asociacións así como todos os organismos que participan e se implican nesta cita deberían ter un recoñecemento como se merecen, pero sen estar pendente da apertada axenda político da Alcaldesa.

“O equipo de Goberno tivo un ano para pensar como facer este acto; despois de todo ese tempo inaugura unha placa, na que non participan os protagonistas do evento”, sinalan.

Exit mobile version