Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo critica que “o abandono o desinterese, e a deixadez de Alfonso Villares para non abrir as piscinas de Río Cobo “

Cervo (Lugo), 17 de xullo de 2017.- O voceiro do PSOE en Cervo, Francisco Mon Fernández, criticou hoxe “a deixadez, o abandono e o desinterese do equipo de Goberno de Alfonso Villares”, para non abrir as piscinas de Río Cobo durante este verán.

O voceiro socialista cualifica esta situación como “neglixente”, e di que “non ter socorristas e unha desculpa que non poden tragar os veciños. Nun momento puntual pode suceder que por falta de previsión, o resultado sexa non poñer en funcionamento o servizo da piscina, pero dous anos consecutivos e falta de competencia. Se non hai persoal local haberá que ofertalo en outros ámbitos o que non se pode é deixar de prestar un servizo para tódolos veciños e veciñas de Cervo”, explicou Mon.

Así as cousas replican que “os veciños e veciñas de Río Cobo son os sufridores, ano tras ano, da actitude por parte do Concello de abandono das funcións municipais”. E advirten que “só son recordados en momentos puntuais como nos períodos electorais, xa que na restante época do ano, a deixadez, inoperancia e a falta de vontade política é a tónica xeral”.

Os socialistas lembran ademais que o compromiso que adquiriu o Concello de Cervo cando se fixo cargo das instalacións “que era o de manter os servizos de que dispoñía o Club para todos os veciños e veciñas de Cervo”. Nese senso p voceiro socialista advirte “que o Club de Río Cobo, coma moitas infraestruturas do Concello permaneceu esquecido sen vontade de traballar para buscarlle unha viabilidade, e agora o resultado é a necesidade de realizar fortes inversións nestas instalacións para que non quede en estado ruinoso”, resumiu.

Exit mobile version