Site icon Crónica3.com A Mariña

Os alumn@s do taller de memoria de Lourenzá participaron nunha excursión a Asturias acompañados pola alcaldesa e os concelleiros de servizos sociais e de turismo

030717 EXCURSIÓN A ASTURIAS DO TALLER DE MEMORIA DE LOURENZÁOs alumnos e alumnas do taller de memoria do Concello de Lourenzá participaron nunha excursión a Asturias. Na viaxe estiveron acompañados pola alcaldesa, Rocío López; a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra; e o edil de Turismo, Miguel Castrillón, así como pola educadora familiar, Dolores Villasuso, encargada de impartir as clases do taller de memoria.
A excursión incluíu visitas a Covadonga, Ribadesella e ao xardín botánico de Gijón.

Exit mobile version