Site icon Crónica3.com A Mariña

Os nenos que participan nas actividades dos Enredos de Verán do Concello de Cervo recibiron esta semana a visita da Garda Civil

190717 Enredos de VeránPuideron ver e subir ao coche patrulla, e coñecer as súas ferramentas de traballo; e tamén tiveron a oportunidade de subir a bordo do propio Barco que atracou no Peirao de San Ciprián, percorrendo os diferentes habitáculos e escoitando as explicacións dos axentes sobre como transcorre o seu día a día.
Tamén se sumaron á actividade o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto e a de Educación, Dolores García Caramés. Recordamos que son máis de 100 os nenos e nenas que están inscritos nestas actividades de verán.

Exit mobile version