Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas levan ao parlamento a falla de socorristas nas praias de Barreiros

Santiago de Compostela, 05 de xullo de 17. Os deputados socialista Luis Álvarez e Concepción Burgo anunciaron unha batería de iniciativas parlamentarias para obrigar ao goberno galego a dar conta no Parlamento da “xestión desastrosa” que deixou ás praias de Barreiros desprovistas do servizo de socorrismo. Advirten que esta falla na seguridade pon en risco aos bañistas e pon en perigo este recurso turístico.

Álvarez sinala á desatención e descoordinación grave entre o alcalde do Concello e o goberno galego, que comezou perdendo as seis bandeiras azuis coas que contaba o concello logo dos vertidos de fecais mentres a Xunta paraliza a instalación da estación depuradora. A esta situación súmase a falla de servizo de socorristas e das infraestruturas imprescindibles para manter as praias nunhas mínimas condicións.

Advertiu que as “desfeitas combinadas” dunha xestión descoidada por parte do rexedor e a desatención do goberno galego provocou unha “tormenta perfecta” no servizo de socorrismo. Mentres a Xunta restrinxe o número de socorristas habilitados, pasando dun máximo de 31 a tan só 13, o alcalde paraliza a contratación, co que agora “só hai 3 operativos”.

Exit mobile version