Site icon Crónica3.com A Mariña

Pescados Rubén e Onde Sempre Xove seguirán traballando xuntos polo fútbol sala mariñán

renovacion-filialidadexove1718-1Burela 13-7-17. O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, recibiu na sede laranxa o seu homólogo do Onde Sempre SD Xove FS, Juan Carlos Calvo, para formalizar a renovación do acordo de filialidade entre os dous clubs mariñáns, nunha xuntanza na que tamén participaron o vicepresidente burelista, José Luis Sáez, e o secretario xovense, Antonio Rey.

Ambos os dirixentes mostraron a súa satisfacción por manter esta liña de traballo conxunta, iniciada en 2016-17. “Para nós é moi importante poder darlle continuidade a este convenio de filialidade e así poder seguir contando co apoio dun club profesional como é Pescados Rubén”, explicaban o directivos do equipo de Segunda B. Pola súa banda, Manuel Blanco e José Luis Sáez incidiron no éxito do acordo neste primeiro ano e nas expectativas de futuro: “Xuntos damos un paso adiante na aposta pola formación de xogadores da bisbarra. Contar coa colaboración do Xove supón un pulo importante nas posibilidades de aprendizaxe de novas promesas da casa; a experiencia de 2016-17 foi moi enriquecedora e seguiremos traballando para seguir medrando e que os froitos poidan ser mellores”, analizaban dende o club laranxa.

Exit mobile version