Site icon Crónica3.com A Mariña

POLÍTICOS MENTIREIROS

Os políticos mintenos, Prometenos ata meter e, una vez metido, nada do prometido. Aclaro que falo do voto na furna e non outra cousa que alguna vez tamen o fan e de malas maneiraas.
Por si algun político le, e leme, propóñolle un pequeno manual situacional. Unha clase práctica que pasa por cachonda pero que realmente é moi seria. Eu recomendo ensaiar antes diante do espello, SeñorBalseiro. Por non trabarse, pola falta de costume e iso.
Señores políticos da bisbarra si nalgún momento pensamos que é mellor a mentira que a verdade debemos buscar un exorcista.
Si existe unha crise terrible un debe dicir “Hai crise na Mariña”. O dos Brótelos verdes deixámolos pas hortas ou os invernadeiros.
Si un banco falsea as súas contas, o seu presidente cobra millóns de euros e a súa xestión responde a unha xestión política diremos que “O banco falseou as súas contas, o presidente cobraba unha pasta e a xestión estivémola levando nós”.
Si non vos poñedes de acordo para realizar cambios en televisións públicas e tribunais dicídeo tal cal é: Mirade, como imos utilizar a televisión pública para influenciarvos non nos poñemos de acordo en quen debe ser o seu director e como imos acabar sendo xulgados nós ou alguén próximo a nós por algúns destes tribunais que nós designamos debemos elixir moi ben aos seus membros. O da separación de poderes é unha falacia.
Si perdes as eleccións hai que dicir “perdemos as eleccións e non botarlle a cupa o can ou o gato”.
Si sobes o IVA dirás “subimos o IVA”.E si te píllan roubando, é fácil “roubei”, e xa para nota sería “roubei, aquí está o diñeiro”.
Si a confianza na xestión política desapareceu: “Imos introducir uns artigos no código penal para responder penal e patrimonialmente da nosa xestión pública”.
Si recortas en Educación dirás “recortamos en Educación. Tanto en servizos como en resultados. Porque por narices tense que notar” e “ Si bebes” non conduzas.
En fin. Creo que é o momento de que os habitantes os peons, a xente da rua a crase media e mediastizada esixamos trasparencia e verdade. ¡Que non nos mintan máis carallo e recordade ¡Que estades ao noso servizo! ¡Que vos pagamos o soldo! ¡Non nos mintades máis!

Exit mobile version