O acto de presentación terá lugar no Hotel Vila do Val de Ferreira do Valadouro ás 6 da tarde, e será levada a cabo por Natalia Presa, xerente da empresa de servizos turísticos MariñActiva, que organiza esta ruta. No acto tamén participarán representantes dos tres Concellos polos que circula a ruta: Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo, Javier Castiñeira, alcalde de Foz, e Xabier Pardiñas, Tenente Alcalde do Concello de Alfoz.
A ruta celebrarase os venres 14 e 28 de xullo e o 11 e 25 de agosto, partindo da Basílica de San Martiño a bordo dun autobús que levará aos asistentes polos concellos indicados. O custe da ruta son 5 euros e é necesaria a reserva previa no teléfono 683401865, posto que o aforo está limitado.