
Este mércores e no Salón de Plenos do Concello, o alcalde José Demetrio, acompañado polas concelleiras de Servizos Sociais e Deportes Ana Abad e Cristina Iglesias respectivamente, xunto co responsable de IG10 Iván García, presentaron as NOITES ALTERNATIVAS que o Concello organiza para os meses de xullo e agosto. Estas actividades son de carácter totalmente gratuito. A financiación das mesmas corre a cargo dos fondos municipais do Concello de Xove.