Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeiras mesas de traballo para a creación das 10 experiencias turísticas do proxecto de turismo mariñeiro “Galicia Norte. Mares de Experiencias”

imaxe-galicia-norte-3840x2160pxCeleiro-Viveiro, 10 de xullo de 2017.- Tras a presentación oficial do proxecto de turismo mariñeiro “Galicia Norte. Mares de Experiencias” o pasado xoves 6, os primeiros encontros de traballo comezarán pasado mañá coa celebración da primeira mesa de traballo sectorial á que seguirán dúas máis. Terán lugar en Viveiro, Miño e Ortigueira e ás mesmas están convocados representantes da administración, do tecido asociativo e empresarial dos 23 concellos participantes nesta iniciativa.

O obxectivo destes encontros cos axentes do sector é decidir que recursos naturais e culturais relacionados co mar, e que conten con atractivo turístico, se incluirán nos 10 paquetes experienciais que resultarán deste proxecto de turismo mariñeiro.

Calendario de mesas de traballo transversal:
• Mércores 12 de xullo ás 10.00h, Salón Multiusos do Concello de Viveiro.
• Martes, 18 de xullo ás 10.30h, na Casa do Pescador do Concello de Miño.
• Mércores, 19 de xullo ás 10.30h, no Teatro da Beneficencia ou no Centro de San Roque (Concello de Ortigueira).

Esta iniciativa terá como resultado a creación de 10 experiencias turísticas (5 por cada GALP) ao longo de 384 kilómetros da Galicia máis septentrional, a cuarta parte da costa galega. Tamén se formará á poboación para dinamizar a creación de novos produtos e servizos relacionados co mar e co turismo para impulsar o relevo xeracional no sector da pesca e a fixación de poboación nova.

Exit mobile version