Site icon Crónica3.com A Mariña

PRODUART 17 : feira dos produtos artesanais e ecolóxicos

Burela 21-7-17. O fin de semana do 4, 5 e 6 de Agosto terá lugar en Burela a XVI edición de Produart, feira dos produtos artesanais e ecolóxicos, que abrirá a suas portas a partires das 17.30 horas do vindeiro venres 4 de Agosto a partires das 17.30 horas, con carácter totalmente gratuito para @s visitantes .

Produart 17 comeza esta edición cun programa de actividades paralelas á propia exposición comercial que se desenvolverá no recinto feiral durante as datas de realización da feira. Unha Mesa Redonda,sobre RECICLAXE E CONSERVACIÓN DO MEDIO MARINO – Coge 3. que terá lugar : o venres a partires das 20.30 horas, tamén estan programados :, Talleres de GLOBOFLEXIA para nen@s durante o sábado día 5 da feira, Unha Expòsición de ARTE RECICLANDO ARTE , Demostracións en vivo, Degustacións , Videoactiv@, etc… todalas actividades paralelas, acompañarán nestas datas á exposición comercial dos produtos artesáns e ecolóxicos representados.

A Organización, nestes momentos está ultimando toda a programación do evento e informa que o prazo de participación rematou por este ano..

Exit mobile version