Site icon Crónica3.com A Mariña

RadioVoz fixo este venres dende Foz un programa especial en directo que se emitiu por todas as emisoras da cadea na provincia de Lugo

140717 PROGRAMA RADIO VOZ DENDE FOZRadioVoz fixo este venres dende Foz un programa especial dedicado aos numerosos atractivos que ofrece o municipio durante este verán. Emitiuse en directo por todas as emisoras desta cadea na provincia de Lugo.
O programa foi dirixido e presentado por Félix Jorquera desde a terraza da Pulpería Rente ao Mar, que está na zona portuaria focense. Por este espazo pasaron o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo; a técnica municipal de Turismo, Mari Fe Rouco; o pregoeiro das festas do Carme deste ano na vila focense, Suso Castiñeira; e Tristán Alonso, un dos responsables da elaboración das alfombras florais para este festexo que se celebra esta semana.

Exit mobile version