Site icon Crónica3.com A Mariña

Remataron con gran éxito as Noites Alternativas de volei praia do Concello de Cervo con 14 equipos participantes

210717 Volei Praia Noites AlternativasCervo, 21 de xullo de 2017.- Veñen de rematar con gran éxito as noites de Volei Praia que se xogaron no Torno, en San Cibrao, entre o martes e o xoves, cando se desputaron as finais, semifinais e o 3/4 Posto; ante numeroso público.
Participaron 14 equipos nas categorías SUB 15 e Senior.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Educación e Xuventude Dolores García Caramés, estiveron presenciando os encontros nos que se proclamaron vencedores #SomosUnEquipo, na categoría SUB 15; e Water De Munich, na categoría Senior.
O finalizar os partidos, o rexedor e a edil fixeron a entrega das correspondes medallas.
Co Volei Praia, arrincaron os deportes de grupo (xa se celebrou a Noite do Patín, a Noite de Orientación, e a ruta en Kaiak); e o testigo collerao o Fútbol 3×3 dende o luns e ata o xoves; na Praza dos Campos.
Os participantes das categorías SUB 10 / SUB 12 e SUB 15 deben anotarse entre as 20:30 e as 21:30 horas; os da categoría Senior teñen ata as 22:00 horas para facelo.

Exit mobile version