Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acolle ata o domingo un campus de balonmán polo que pasou onte Julen Aguinagalde, o mellor pivote do mundo. Con él estiveron o concelleiro e o técnico municipal de deportes, David Rivas e Iván López

130717 Foto balonmán RibadeoRibadeo, 13 de xullo de 2017. Sesenta rapaces chegados de Murcia, La Rioja, País Vasco, Asturias ou Galicia participan no campus de balonmán que se desenvolve en Ribadeo ata o vindeiro domingo e no que se dan cita xogadores da selección española de balonmán. Con eles estiveron nas últimas horas o concelleiro de Deportes, David Rivas, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.

Os rapaces están a combinar adestramentos nas instalacións deportivas de Ribadeo con outros na praia, ademais de facer visitas a areais ou paseos pola ría.

Onte, martes, visitou o campus Julen Aguinagalde, mellor pivote do mundo, internacional absoluto coa selección española de balonmán desde o 2006, foi campión do mundo en 2013 e subcampión de Europa en 2016. En Ribadeo estivo tamén Jota González, adestrador do Naturhouse La Rioja, da liga Asobal de balonmán e o seleccionador español de promesas.

E aquí seguen Gurutz Aguinagalde, porteiro do Naturhouse La Rioja, que debutou coa selección este mesmo ano. Gurutz é irmán de Julen. E Rubén Garabaya, pivote do Naturhouse La Rioja, internacional coa selección española, foi campión do mundo e bronce olímpico.

Exit mobile version