Site icon Crónica3.com A Mariña

Seminario Técnico de Turismo promovido polo GALP A Mariña-Ortegal

Accesibilidade foto - baixaBurela, 21 de xullo, 2017. A xerente do GALP A Mariña-Ortegal Mar López-Leitón Ramos, e o coordinador do proxecto Ruta dos Faros de Galicia Sebastián Valverde presentaron en Burela o Seminario Accesibilidade turística a Portos e Lonxas Pesqueiras de Galicia, que se celebrará en Burela o vindeiro 27 de xullo, no Arquivo Histórico da Confraría de Pescadores.

O seminario, de ámbito galego pretende analizar o fenómeno crecente das visitas turísticas a portos pesqueiros e lonxas, as problemáticas que xera e ideas e propostas para a convivencia de actividade profesional e lúdica nas instalacións Portuarias.

De feito, os pratos fortes do Seminario son as presentacións das dúas experiencias de éxito: o “Espai del Peix”de Palamós, en Cataluña e “Vigo Pesqueiro” en Galicia.

O Seminario conta tamén cunha experiencia lúdica, a visita á nave de redeiras e, para rematar, os participantes asistirán a un almorzo de produtos do Mar con especial protagonismo do bonito.

A inscrición no seminario pode facerse a través do e-mail info@rutadosfaros.gal

Este seminario enmárcase nunha serie de eventos técnicos que os GALP de Galicia e a súa marca turística MarGalacia están a desenvolver na costa de Galicia para promover a seu proxecto turístico estrela para os vindeiros anos: a Ruta dos Faros de Galicia, que verá a luz proximamente e consistirá nun circuíto que, entre Ribadeo e A Guarda discorrerá por todos os faros, portos, lonxas, actividades de turismo mariñeiro, hoteis con encanto e, por suposto, os mellores restaurantes para degustar os peixes e mariscos da nosa costa.

Exit mobile version