Site icon Crónica3.com A Mariña

Shiori causa baixa hoxe no Pescados Rubén

shio-orvina15Burela 21-7-17. A xaponesa Shiori Nakajima causará baixa hoxe no Pescados Rubén Burela FS Pescados Rubén tras solicitar a rescisión do contrato que remataba o 6 de setembro.
Shiori defendeu as cores do club mariñán durante 3 tempadas; despois dunha grave lesión de xeonllo sufrida coa selección nipona durante o Campionato Mundial de Guatemala en decembro de 2015, a xogadora puido volver vestir o 18 laranxa co comezo de 2016-17.
A Familia Laranxa deséxalle sorte no que será o seu novo equipo, o Móstoles FSF, segundo deu a coñecer o club madrileño.

Exit mobile version